Acceso participantes

SAÚDA

Queridos compañer@s e amig@s:

É para nós un pracer continuar coa xa tradicional celebración do Congreso Galego de Radioloxía que organiza a SGR cada dous anos.

O XI Congreso Galego de Radioloxía terá lugar nesta ocasión en Pontevedra os días 15 e 16 de maio de 2015.

Os temas escollidos son principalmente a Radioloxía CardioTorácica, con maior énfase na patoloxía pulmonar e a Radioloxía Músculo-Esquelética abordando no programa diversos temas de revisión e actualización que poidan ser de interese para todos. Contaremos como relatores a varios radiólogos da nosa Comunidade e como convidados aos Dres. Tomás Franquet e José Martel. Todos eles nos transmitirán os seus coñecementos e experiencia.

Animámosvos a participar no Congreso, a que presentedes Comunicacións que enriquecen a actividade, sendo ademais expresión do traballo diario e da nosa actividade científica. Premiarase ás mellores Comunicacións.

Por último lembrarvos que ademais da vertente científica, o Congreso é tamén o lugar onde poder reunirnos e intercambiar opinións e unha magnífica oportunidade para gozar da sempre agradable cidade de Pontevedra.

 

Recibir un cordial saúdo

O Comité Organizador